Wednesday 04 de June de 2025

Conciliación e deportes náuticos nas actividades ‘Lecer verán 2025’ de Ortigueira


• A programación recolle diferentes propostas para a época estival entre as que destacan excursións, xogos ao aire libre, deportes acuáticos e talleres.

• Poderán anotarse, ata o 20 de xuño, os nenos e nenas empadroadas no Concello que teñan de 4 a 11 anos.

O Concello de Ortigueira volve ofrecer, un verán máis, a súa proposta de actividades para este verán ‘Lecer verán 2025’, que se centran na aposta pola conciliación da vida laboral e familiar durante a época estival.

Así, os nenos e nenas de entre 4 e 11 anos empadroados no municipio ortegano poderán participar nos campamentos urbanos nos que, durante os meses de xuño, xullo e agosto, faranse excursións, xogos ao aire libre e acuáticos, deportes, talleres e moito máis.
O horario para esta actividade é de 9:30 a 14:00 horas e inclúen a posibilidade de solicitar almorzo, que levará a cabo de 8:00 a 9:30 horas. Poderán anotarse, ata o 20 de xuño, os nenos ou nenas empadroadas no Concello que teñan 4 a 11 anos.

As actividades estenderanse durante nove semanas e o número máximo de prazas por cada unha será de 30 participantes. Entre o catálogo de actividades ofertadas atópanse excursións, xogos ao aire libre e acuáticos, deportes, e talleres, entre outras. Unha programación que ten o objetico de ofrecer aos mozos do municipio unha actividade de conciliación na que poderán aprender á vez que se divirten.

As quendas do campamento distribúense da seguinte maneira: do 23 ao 27 de xuño; do 30 de xuño ao 4 de xullo; do 14 ao 18 de xullo; do 21 ao 24 de xullo; do 28 de xullo ao 1 de agosto; do 4 ao 8 de agosto; do 11 ao 14 de agosto; do 18 ao 22 de agosto; e do 25 ao 29 de agosto.

En canto aos horarios, ofrécense dúas modalidades diferentes para adaptarse ás necesidades de todas as familias. O primeiro, que tan só contempla as actividades, comprende desde as 9:30 ata as 14:00 horas e ten un prezo de 20 euros semanais. O segundo horario vai desde as 8:00 ata as 14:00 horas, incluíndo almorzo e ten un prezo de 30 euros semanais.

O prazo de inscrición péchase o día 20 de xuño e, á hora da admisión, darase preferencia aos nenos e nenas que xustifiquen debidamente a necesidade de conciliación familiar. A documentación deberá entregarse no Rexistro do Concello.

As persoas interesadas poden obter máis información chamando á piscina municipal (981 422 026), ao departamento de deportes (981 400 000) ou acudindo ás oficinas do concello, en horario de 10:00 a 13:00 h.

Deja un comentario