Wednesday 04 de June de 2025

Centenaria Herminia Santiso Valiño


A alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, visitou a Herminia Santiso Valiño, veciña de Moruxo, para felicitala polo seu centenario, que cumpría hoxe, luns 2 de xuño, e entregarlle un ramo de folores e un detalle do Concello.

No 1964 Herminia emigrou a Francia, a París, e volve a Bergondo 22 anos despois. Ten dous fillos, 4 netos e 4 bisnietos. A súa filla aínda vive en Francia.

Estivo empregada en panaderías e carnicerías e tamén traballou en varias casas, destacando por ser unha moi boa cociñeira. quedou viuada no ano 2005 e, a pesar de que tivo un ictus, goza dun bo estado de saúde, só alterado pola asma que sofre.

Ademais, Herminia é unha das protagonistas da publicación ‘Seis cafés: etnografía dúas coidados para tempos de pandemia’, editado polo Concello de Bergondo. Nun dos seus capítulos son protagonistas ela e a súa irmá, Amelia, que ten 105 anos.

Deja un comentario