
A emisora Radio Oleiros estrea esta semana o programa “Fora de Lista”. Un espazo que se emitirá todos os mércores a partir das 13:10h e que se centrará na música galega máis emerxente. Dirixido por Jacobo Castro e Eloy Vidal, contará cunha sección de novidades semanais, ademais de entrevistas aos principais artistas da escena galega actual.
Radio Oleiros pode sintonizarse en directo no 101.5 da FM, na súa aplicación (dispoñible en IOS e Android) e a través da páxina web do Concello. Nesta última poden encontrarse os podcast, publicados tamén en Ivoox e Spotify.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.