
Xa está a traballar a cuadrilla municipal de obras, contratada a través do Programa de Emprego Local (PEL- Concellos), que financia a Deputación da Coruña. En total, seis meses nos que o equipo albaneis realizarán tarefas de mellora nas vías, parques e outros espazos públicos de Neda.
O programa, desenvolvido con apoio provincial, ten como obxecto o fomento do emprego, mediante a contratación de persoal con especiais dificultades de inserción laboral, impulsar, entre outras, a realización de pequenas obras, accións de mantemento e reparacións.
No caso de Neda, permitirá, como en anos anteriores, emprender melloras nas vías e espazos públicos municipais. Entre as intervencións, cabe apuntar, entre outras, a posta a punto do pavimento de beirarrúas, substitución de materiais deteriorados, accións para eliminar barreiras arquitectónicas, reparación sumidoiros…
A incorporación dos catro traballadores da cuadrilla permitirá paliar durante medio ano a falta de operarios municipais, impulsando a realización de obras de interese xeral.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.