
Hoxe tomaron posesión como funcionarios de carreira os tres oficiais de emerxencias que superaron o proceso selectivo convocado polo Concello de Carballo. David Naya Rama, Hadrián Ponte Sande e Marcelo Oitavén Fernández incorpóranse ao equipo de Protección Civil, que deste xeito queda integrado por sete persoas.
No acto de toma de posesión estiveron presentes o alcalde, Evencio Ferrero; a concelleira de Persoal, Belén Lendoiro; o concelleiro de Servizos, Medio Ambiente, Protección Civil e Praias, Miguel Vales; o xefe de Protección Civil, Javier Souto, e a secretaria do Concello, Marina Núñez
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.