
A xornada celebrarase o domingo 15 de xuño na contorna do Palacio dos Deportes de Riazor con máis de 60 modalidades deportivas diferentes
O Concello da Coruña celebra o domingo 15 de xuño o XXXVIII Día do Deporte na Rúa como colofón á actividade das Escolas Deportivas Municipais no curso 2024-2025. Nesta ocasión haberá un total de 92 clubs e entidades participantes, o que supón o récord desta celebración. “Desde o Goberno de Inés Rey estamos moi satisfeitos do éxito que ten esta histórica xornada, que permite a persoas de todas as idades coñecer de primeira man as diferentes disciplinas deportivas coas que contamos na cidade”, indicou Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes.
Todas as actividades se desenvolverán de 11.00 a 14.00 horas na contorna da Cidade Deportiva de Riazor. Os deportes náuticos terán nas praias de Riazor e Orzán. Todas as actividades son de balde e abertas a todas as idades. A cita ten como obxectivo promocionar
as diferentes disciplinas deportivas que se practican na cidade, da man dos distintos clubs e entidades deportivas municipais, e dun xeito lúdico e participativo, achegar á cidadanía os beneficios da práctica deportiva.
O Día do Deporte na Rúa contará este ano con 62 modalidades deportivas diferentes dende o atletismo, baloncesto, bádminton, boxeo, ximnasia, escalada, marcha nórdica ou xadrez.
Tamén haberá deportes náuticos como vela, piragüismo, waterpolo, paddlesurf ou surf entre moitas outras. E como novidades contarase con danza urbana, pickleball, pelota vasca e pentatlon militar.
Este ano, 92 clubs e entidades deportivas da cidade se suman á celebración do Día do Deporte, colaborando co Concello da Coruña co obxectivo de dar a coñecer as diferentes prácticas deportivas que se ofertan no municipio, completando unha programación deportiva ampla e diversa. Deste xeito, o Concello mantén o seu apoio ao sector deportivo da cidade, achegando o seu traballo á cidadanía, e fomentando a práctica deportiva para todos os gustos e idades. A xornada contará tamén cunha solta de pombas, que se realizará no stand fronte ao Palacio dos Deportes de Riazor ás 13.00 horas.
Como participar e agasallos
A participación no XXVIII Día do Deporte na Rúa é libre e sen necesidade de inscrición previa.
O mesmo día da celebración repartirase unha tarxeta de participación en cada unha das actividades deportivas ou no punto de encontro do Palacio dos Deportes. En cada tarxeta haberá tres marcadores para selar e en cada actividade que se realice poderase cubrir un.
Haberá 2.000 camisetas que se entregarán ás 2.000 primeiras persoas que teñan un selo na tarxeta. As camisetas estarán a disposición das persoas participantes no punto de encontro ata as 14.00 horas.
Ademais, haberá un sorteo de materiais das entidades colaboradoras, que se realizará o día 15 ás 13.45 horas no escenario situado na explanada do Palacio dos Deportes. Participarán todas as persoas que depositaron as súas tarxetas cubertas con tres selos. Haberá diferentes premios para maiores e menores de idade.
Modalidades deportivas
Aikido Loita Grappling
Atletismo Loita Sambo
Atletismo – Lanzamentos Marcha nórdica
Bádminton Motociclismo
Baloncesto Natación
Balonmán Paddle surf
Boccia Patinaxe artística
Boxeo Patinaxe en liña
Carreira de orientación Patinaxe freestyle
Ciclismo Urbán e tamden Pelota vasca
Colombofilia Pentatlon militar
Danza urbana Petanca
Defensa personal Pickleball
Deporte adaptado Piragüismo
Dragon boat Quidditch/Quadball
Duatlón Roller derby
Equitación Rugby
Escalada Salvamento e Socorrismo
Esgrima Surf e PARASURFING
Esgrima histórica Surfskate
Fútbol Taekwondo
Fútbol gaélico Taichi
Fútbol sala Tenis
Ximnasia artística Tenis de mesa
Ximnasia rítmica Tiro con Arco
Golf Trialbici
Halterofilia Triatlón
Hockei sala Vela
Jiu Jitsu Waterpolo
Judo Windsurf
Kárate Xadrez
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.