Wednesday 04 de June de 2025

O sábado celébrase a Romaría das Merendiñas


Todas as persoas maiores de 65 anos están convidadas a participar na Romaría das Merendiñas que se celebrará o vindeiro sábado 7 de xuño, a partir das 13:00 horas, nos xardíns das Torres de Santa Cruz. Para poder acceder á festa é imprescindible presentar a invitación que recibiron ou recibirán estes días nos seus domicilios.

 

O menú será o tradicional composto por empanada, roxóns, chourizo ao estilo Santaia, larpeira e queixo con marmelo. Antes e despois da comida haberá música e baile, coa Banda de música municipal, co dúo Xilo e Carlos e os solistas Alejandra Pais e Noly.

 

Un elemento fundamental desta festa é a implicación e participación de numerosas persoas que colaboran desinteresadamente na organización e no desenvolvemento desta romaría, unha axuda imprescindible para que As Merendiñas poidan realizarse.

Deja un comentario