
Os bombeiros do parque provincial de Ribeira acudiron na madrugada deste luns ata a parroquia de Palmeira, no Concello de Ribeira, polo incendio dun vehículo que se atopaba estacionado no lugar de Ventín.
O 112 deu o aviso ás 04:47 horas. Xa no lugar dos feitos, os profesionais procederon a extinguir o lume e, unha vez controlado, iniciaron os labores de refrixeración do vehículo, que quedou totalmente calcinado. Non houbo persoas afectadas.
No operativo participaron a Policía Local e Nacional de Ribeira.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.