
A alcaldesa asistiu á cita no Coliseum, onde se reuniron máis de 18.000 persoas durante a xornada
A alcaldesa, Inés Rey, asistiu esta mañá á celebración da edición número 37 do Trofeo Miguelito, a competición de referencia a nivel nacional de judo en categorías base. A rexedora estivo acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez.
“Esta competición é todo un referente para a nosa cidade, pois inculca nos nenos e nenas valores moi importantes e fomenta a práctica deportiva entre os máis pequenos”, indicou a alcaldesa. Durante a xornada participaron nas catro modalidades diferentes de competición 3.000 judokas de 76 centros formativos de judo. Ademais, polo Coliseum pasaron máis de 15.000 persoas asistentes.
Este torneo é toda unha referencia internacional do judo, con varios torneos europeos que aplican a mesma metodoloxía. Ademais, o Miguelito ten unha competición adaptada técnica por parellas na que participan judokas con diversidade desde os seus comezos. O torneo lembra co seu nome a Miguel Ángel López Pérez, judoka coruñés que perdeu a vida con 19 anos. O seu obxectivo, ademais de renderlle homenaxe, é fomentar a práctica do judo na cidade. O Trofeo está organizado pola Federación Galega de Judo e o Concello da Coruña desde 1989.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.