Tuesday 03 de June de 2025

Colosal interpretación do musical Mamma Mía no parque da Lagoa ante máis de 2.000 persoas


As máis de 2.000 persoas que esta mañá ateigaron o Parque da Lagoa de Mera quedaron abraiadas ante a elevada calidade artística do musical Mamma Mía, da Escola Municipal de Música xunto co Coro La Tremenda Tremolina e unha representación da Escola Municipal de Danza. A interpretación dos 200 artistas participantes foi realmente colosal.

 

Este brillante espectáculo cultural organizado polo Concello estivo baseado nos grandes éxitos do grupo ABBA. O éxito é o resultado dun importante esforzo colectivo que reside en moitos factores; entre os que destacan a dirección que encabeza Malu Balado, un profesorado tremendamente profesional cunha vocación especial, e o bo facer dos e das distintos artistas.

 

Con este musical iniciouse tamén a celebración dos 25 anos da creación por parte do Goberno local da Escola Municipal de Música. Nas vindeiras semanas seguirán organizándose distintas actuacións para continuar conmemorando tan célebre aniversario.

 

A ficha artística deste espectáculo está encabezada por Malu Balado na dirección artística e na adaptación do libreto; Rodrigo Rodríguez, na dirección musical e na adaptación musical; Nilo García, na dirección da Orquestra Sinfónica; Coco Pereira, na dirección de La Tremenda Tremolina; Lara Fenoll, na dirección da Escola Municipal de Danza; e os profesores da Escola de Música Marina Gundín, Mónica Pérez, Álex Carral e Jorge Galán.

 

Este musical volverá representarse o vindeiro domingo 8 de xuño, ás 19:30 horas, en Santa Cruz, na praza Esther Pita.

Deja un comentario