Monday 02 de June de 2025

Accidente de tráfico cunha persoa falecida no lugar de O Barro, no Concello da Baña


O persoal do parque provincial de Santa Comba interveu durante esta madrugada nun accidente de tráfico que ocorreu ao redor das 00:14 horas no Concello da Baña, no lugar de Barro. O vehículo afectado colisionou violentamente cunha árbore na marxe esquerda da vía dirección Nantón e provocou o falecemento do condutor e único ocupante do turismo.

Ao chegar ao lugar do accidente, e despois da inspección perimetral, os bombeiros identificaron que o coche quedara moi deformado na zona do condutor, que non respondía a ningún estímulo, decretando as sanitarias no punto o seu falecemento.

Ata o lugar dos feitos desprazáronse, ademais dos bombeiros do parque provincial de Santa Comba

Deja un comentario