
O Auditorio Vello de Ribeira acolleu un o acto conmemorativo do Día Mundial Sen Tabaco, organizado polo Centro de Saúde de Ribeira en colaboración co Concello de Ribeira.
O evento deu comezo ás 12:00 horas co acto institucional “Ribeira sen fume”, no que interviron figuras clave da sanidade e da administración local. A xefa de servizo de Atención Primaria de Ribeira, Raquel Martínez Bugarín, destacou o compromiso da área sanitaria coa prevención e a promoción da saúde. Bugarín tamén agradeceu a presenza de persoas que conseguiron deixar o tabaco coa axuda dos grupos que forma o centro de saúde ribeirense. Pola súa banda, o subdirector de Humanización da Área Sanitaria Santiago-Barbanza, Juan Manuel González Lorenzo, subliñou a importancia da atención tamén nas campañas de sensibilización como as que fai o centro de saúde ribeirense.
O alcalde de Ribeira, Luis Pérez Barral, e o concelleiro de Saúde, Juan L. Furones Ramos, pecharon este primeiro bloque institucional facendo fincapé no apoio continuado do Concello ás iniciativas en favor dunha vida sen tabaco, das entidades e das medidas como novos espazos sen fume no municipio.
A continuación desenvolveuse a mesa redonda “De algho hai que morrer”, cun enfoque máis desenfadado pero igual de contundente. O
coñecido artista ribeirense Tonhito de Poi puxo a nota creativa xunto a Fran Romay, técnico de deportes do Concello, e Pablo González Fernández, director das instalacións deportivas do Complexo A Fieiteira.
Todos coincidiron en que o deporte e a cultura son ferramentas esenciais para afastar á mocidade do consumo de tabaco.
Finalmente, de 13:00 a 14:00 h, presentouse a campaña “Ti podes ser un Angel”, na que participou Vicente Mariño de Bricio, concelleiro de Servizos Sociais que presentou a app Cardio@ngel, unha ferramenta dixital pensada para axudar no caso de infartos, onde o tabaco xoga un papel importante no desencadeamento deste tipo de problemas de corazón.
A xornada foi moi ben valorada polos asistentes, que destacaron o carácter multidisciplinar das intervencións e a capacidade do evento para sensibilizar sen perder a conexión coa realidade local. O goberno local agradeceu a asistencia e o traballo que desenvolven os profesionais do
Centro de Saúde de Ribeira para gañar hábitos de vida saudables e calidade de vida.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.