
Hoxe se abriu o prazo de inscrición até o 12 de xuño para os Campamentos de Conciliación do Verán 2025; ao
acto de presentación asistiron o tenente de alcalde e tamén concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, a coordinadora dos Servizos Sociais do concello, Francisca Vidal, e Ana Pérez representante da empresa de ocio e tempo libre, Golfiño Xestión de Ocio.
Mariño significou a grande demanda destos campamentos de conciliación, que se van a desenrolar durante o verán 2025 coincidindo
coas datas de vacacións escolares en horario de 8.30 h e 14.30 h; o programa vai dirixido a nenos e nenas entre 3 e 12 anos e o obxectivo e que “os máis pequenos pasen unhas vacacións de ocio e diversión atendendo a contidos de todo tipo”.
Xullo (voces do pasado)
Mostrarase aos nenos e nenas a riqueza arqueolóxica e cultural do municipio, de forma lúdica aprenderán sobre as distintas culturas que se instalaron e viviron aquí.
Agosto (explora mar)
Temática que abordarán a rapazada con todo ao referente a o noso mar onde se lle vai a inculcar aos nenos e nenas o respecto e o coidado do mesmo.
Todas estas temáticas irán acompañadas con diferentes excursións didácticas.
Preinscrición:
Ábrese o prazo de preinscrición do 30 de maio ao 12 de xuño de 2025 (para os campamentos de veránl), periodo no que poderán anotarse todas as persoas interesadas que cumpran os requisitos establecidos cubrindo a ficha de inscrición xunto coa documentación obrigatoria correspondente.
As solicitudes faranse a través do Rexistro Xeral do Concello de Ribeira. Deberase realizar un rexistro por cada participante a inscribir aos efectos de que cada un deles dispoña do seu correspondente nº de solicitude:
• De maneira presencial na Oficina de Ateción ao Cidadán (OAC) Casa do Concello (Antigo Auditorio) e Departamento de Servizos Sociais, Praza 8 de marzo s/n baixo Ribeira (horario de atención ao público de 9.00 h. a 14.00 h.), presentando a ficha de inscrición cuberta, folla de autorización, copia do DNI do participante e do pai/nai/titor e demais documentación esixida.
• De forma telemática (necesario certificado dixital) a partir das 9:00 h do primeiro día de prazo. a través da web www.ribeira.gal no seguinte apartado – SEDE ELECTRÓNICA – TRÁMITES DESTACADOS.
“O 16 de xuño de publicarán a lista dos admitidos” adiantou Mariño de Bricio que a continuación informou sobre os prezos deste ano que “son os mesmos prezos do ano pasado, non hai ningun incremento”:
– Campamento de verán “Xoga con Nós”:
Prezo de Matrícula: Xullo: 85 € – Agosto: 85 € – Xullo e Agosto: 150 €
– Campamento de inglés “Summer Camp”:
Prezo de Matrícula: Xullo: 95 € – Agosto: 95 € – Xullo e Agosto: 170 €
– Campamento urbano:
Prezo de Matrícula: 42 €
– Verán completo:
Xullo e Agosto de “Xoga con Nós” + Campamento urbano: 180 €
Xullo e Agosto de “Summer Camp” + Campamento urbano: 200 €
Mariño rematou sinalando que haberá unha bonificación dun 20% do importe da matrícula para os colectivos vulnerables.
Francisca Vidal engadiu “que estos campamentos de conciliación enmárcase dentro do Programa de Actividades Municipais para a Conciliación Familiar e polo tanto os campamentos contarán co servizo Madruga e Comedor”. Tamén sinalou que as actividades xerais
serán de 9:00 a 14:00 h da tarde “pero se algunha familia precisa o servicio Madruga, temos o horario dende 7:45 h até as 16:00 h”.
Na web do concello habilitouse un apartado específico chamado “Ribeira Concilia” https://www.ribeira.gal/ribeira-concilia “e neste
espazo web atoparánse tódalas normas, liquidacións, a preinscricións e os requisitos por idades das respectivas accións e a posibilidade de que as familias marquen o horario preferente para nós organizar a actividade do madruga e comedor”.
Para finalizar, Ana Pérez falou dun pequeno xiro que haberá este ano por demanda dos usuarios, “que xa está incluido neste programa que consiste en facer máis saídas e non estar tanto tempo na aula”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.