
Todos os grupos políticos están de acordo na urxente necesidade de que a Xunta de Galicia acometa esta obra
A Deputación da Coruña reclamará á Xunta de Galicia a realización con urxencia de todos os trámites necesarios de forma correcta para a contratación da obra da vía Ártabra entre Iñás e A Gándara para a súa conexión coa AP-9; así como iniciar tamén a redacción do proxecto para continuar a vía Ártabra ata a A-6, unha vez se dispoña da autorización do Ministerio de Transportes. Así o aprobaron por unamidade PP, PSOE e BNG a proposta de Alternativa dos Veciños.
A comarca da Coruña, tal e como denunciamos constantemente, presenta un importante déficit de infraestruturas viarias, así como de medios de transporte público, axustados ás necesidades reais de mobilidade de cidadanía e empresas.
Entre outras actuacións pendentes que mellorarían notablemente o tráfico, a máis transversal é a vía Ártabra: a gran circunvalación da comarca coruñesa que dará servizo a concellos e polígonos industriais de Cambre, Bergondo, Sada, Oleiros, Culleredo, Arteixo e A Coruña, creando conexións directas coa AP-9, a A-6 e outras vías principais. A vía Ártabra permitirá tamén aliviar o tráfico de forma xeral na rede viaria metropolitana, desconxestionando especialmente a Costa da Tapia en Cambre, a estrada da costa de Sada e Oleiros e a ponte da Pasaxe.
A primeira fase da vía Ártabra, desde o porto de Lorbé ata AP-9, sería xa neste momento unha realidade de non ser polo anterior Goberno de Cambre que atopou un suberturfuxo legal para que a xustiza paralizase a obra por erros administrativos cometidos polo Goberno autonómico bipartito.
Pasados xa máis de 4 anos desa sentenza xudicial, non se entende que a Xunta de Galicia continúe sen reiniciar os trámites para retomar a obra.
Intereses persoais de representantes políticos de Cambre, mentalidades localistas, cálculos electoralistas ou discursos demagóxicos dalgúns grupos políticos non poden frear durante máis tempo unha infraestrutura supramunicipal clave para o progreso da comarca da Coruña no seu conxunto, máis se cabe co grave problema de mobilidade existente na área metropolitana máis importante de Galicia.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.