Friday 22 de November de 2024

O alumnado da Escola Municipal de Música de Lousame ofrecerá este sábado pola tarde un concerto co gallo do Día do Pai


O auditorio da Casa da Cultura Santeiros de Chave de Lousame acollerá este sábado 19 de marzo, ás 18:30 horas, o Concerto do Día do Pai, no que actuará o alumnado da Escola Municipal de Música de Lousame. A asistencia é totalmente libre e de balde ata completar aforo.

Este concerto coincide coa audición da segunda avaliación, polo que todos os que se acheguen pola Casa da Cultura poderán disfrutar das actuacións dun combo de percusión e de grupos de frautas, clarinetes, instrumento de vento (tanto de madeira como de metal) e guitarras e piano. O concerto pecharase cunha actuación da Banda de Música Xuvenil dirixida por Fernando Froján.