
• Desde hoxe, 29 de maio, as familias poderán realizar a inscrición dos menores prerexistrados.
• As solicitudes poderán realizarse nun prazo de 15 días a través do rexistro do Concello ou da sede electrónica.
• Integrado dentro do programa ‘Conciliortigueira’, esta iniciativa ofrece unha solución ás familias que necesitan coordinar a vida laboral e familiar antes do inicio da xornada escolar.
O Concello de Ortigueira, a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, abre o prazo de inscrición para todos os menos prerexistrados no servizo de ‘Almorzos na Escola’ para o próximo curso escolar 2025/26.
Así, desde hoxe 29 de maio, as familias poderán realizar as inscricións nun prazo de 15 días, a través de sede electrónica ou en rexistro municipal.
Esta iniciativa, integrada dentro do programa municipal de conciliación ‘Conciliortigueira’, ofrece unha solución a aquelas familias que necesitan coordinar a vida familiar e laboral, ocupándose dos e as menores en horario de 7:30 a 9:30 horas, previo ao comezo da xornada escolar.
Desta forma, o alumnado do CEIP José María Lage, ademais de poder almorzar no propio centro, aprenderá sobre hábitos de alimentación saudable e participará en actividades de fomento e a educación en igualdade.
Do mesmo xeito que en edicións anteriores, ofértanse tres modalidades diferentes do servizo: a diario con xantar; a diario sen xantar; ou días soltos con xantar.
Pódese obter máis información no Centro de Información á Muller (CIM) de Ortigueira, no Centro Social ou no teléfono 981 402 542.
CONCILIORTIGUEIRA
O programa ‘Conciliortigueira’ está cofinanciado entre o Concello de Ortigueira, a Consellería de Política Social e Promoción dá Igualdade e o Plan Corresponsables con fondos finalistas do Estado procedentes do Ministerio de Igualdade.
Este programa non soamente ofrece este servizo de xantar durante o período lectivo. A actividade ‘Sen Cole non Cole’ tamén se integra dentro desta iniciativa e ofrece un servizo de conciliación laboral e familiar durante os períodos non lectivos como o Nadal ou a Semana Santa.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.