
● A proposta levouse onte a pleno e foi aprobada por unanimidade.
● O regulamento vixente data do ano 2000 e xa non responde ás necesidades actuais nin á lexislación recente.
● A nova ordenanza fixa novas taxas, establecendo a concesión de nichos por 75 anos en 1.160,99 euros.
O goberno local de Camariñas levou onte a pleno unha proposta para modificar o regulamento do cemiterio municipal. Un punto que foi aprobado por unanimidade por todos os grupos da corporación municipal e que supón o primeiro paso para logo poder acometer unha necesaria ampliación do camposanto.
“O espazo actual estase esgotando, e é a nosa responsabilidade asegurar que os nosos veciños e veciñas teñan un lugar digno e axeitado para o descanso dos seus seres queridos. Un cemiterio con capacidade suficiente non é só unha cuestión de infraestrutura, é tamén unha cuestión de respecto e servizo público esencial á cidadanía”, explicou a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua.
Para poder levar a cabo esta ampliación de forma efectiva e en consonancia coa normativa vixente, primeiro era imprescindible modificar e actualizar o regulamento do cemiterio municipal. O que está vixente data do ano 2000 e xa non estaba a responder ás necesidades actuais nin á lexislación máis recente, como o Decreto 129/20203, do 31 de agosto, de sanidade mortuoria de Galicia.
O novo regulamento aprobado onte en pleno busca modernizar e clarificar todos os aspectos relativos ao uso e xestión do camposanto. Entre as melloras máis destacadas atópanse: unha actualización das condicións de uso e de concesións de nichos, panteóns, mausoleos e columbarios; a adaptación á normativa sanitaria vixente; a regulación de aspectos como a duración das concesión; o establecemento dun réxime sancionador e a creación de libros electrónicos de rexistro.
Novas taxas
A nova ordenanza fixa novas taxas, establecendo a concesión de nichos por 75 anos por 1.160,99 euros e por 10 anos por 331,71 euros mentres que no suposto de procedementos de licitación pública a taxa virá determinada polo valor económico das proposicións sobre as que recaia a concesión.
Por outra banda, establécese unha cota anual de 8,5 euros para os servizos de coidado, conservación e vixilancia por cada nicho.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.