
O persoal do organismo estatal está investigando, agora mesmo, a orixe da vertedura.
O alcalde da Pobra do Carmiñal, José Carlos Vidal, está mantendo un contacto “constante” coa Dirección General de Costas del Estado para abordar a vertedura da Ribeiriña. De feito, o rexedor mantivo, esta mañá, un novo encontro con representantes do organismo no que se informou do estado actual dos traballos de sondaxe, cos que se dirimirá a orixe da vertedura. O primeiro edil agradeceu a implicación de Costas, que amosou a súa “disposición total para averiguar de onde vén este vertido e, se é consecuencia das obras de rexeneración ambiental que o Ministerio de Transición Ecológica y Reto Demográfico realizou, comprometéronse a subsanar as deficiencias”.
O rexedor confía en que tanto Costas como a Xunta de Galicia, organismos con competencias en materia de xestión e ordenación de costas actúen coa máxima axilidade para solventar esta situación: “con independencia de se o vertido vén orixinado polas obras en La onza de oro ou pola antiga nave de Hadasa, o Concello non ten competencias (posto que os terreos son titularidade de Costas ou mesmo particulares) nin os medios para actuar na zona”. O primeiro edil sinala que se trata dunha situación “que está tendo un gran impacto medioambiental e tamén económico para o municipio, polo que non é o momento de buscar culpables, senón solucións”, incide o alcalde tras as últimas manifestacións do PP de Galicia.
Nesta liña, o executivo incidiu na necesidade de actuar cunha maior “axilidade” para evitar que se agrave a situación na ría, que destaca polo seu valor como espazo natural e como zona produtora.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.