
Tras meses requiríndolle ao Arcebispado a demolición dun muro con serio risco de derrubamento sobre a beirarrúa na rúa Dolores Ibárruri, o Concello outorgou un prazo de 48 horas para que proceda á demolición. De non actuar, dada a gravidade da situación acreditada polos informes técnicos, será o Concello o que proceda de forma subsidiaria, liquidando posteriormente ao Arcebispado todos os custos.
Na mesma propiedade eclesiástica, na rúa do Mar, o muro tamén se atopa nunha situación similar. Da mesma maneira, o Concello tamén lle outorgou un prazo de 48 horas ao Arcebispado para proceder á demolición, unha vez exista o pertinente permiso de Patrimonio. De non facelo, tamén se acometerá a execución subsidiaria por parte do Concello.
O Arcebispado terá que asumir tamén os gastos derivados do valado da zona que efectuou por precaución o Concello. Ademais do perigo para a cidadanía, estase impedindo o tránsito de peóns e invalidando numerosas prazas de aparcamento.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.