
- Realizarase durante os días 4, 5, 6 e 7 de setembro e dentro do itinerario está plantexado visitar Oviedo, Santander, Xixón ou Santillana del Mar.
- O prazo para anotarse remata o 10 de xuño, e poderá facerse nas oficinas municipais.
- Terá un custe de 388 euros por persoa no caso de anotarse máis de 45 veciños e veciñas, e poderá facerse en dous prazos: cun sinal de 70 euros e o resto quince días antes da saída.
O Concello de Paderne promoverá este setembro unha viaxe sociocultural organizada para a súa veciñanza con destino Cantabria. Estará organizado en réxime de pensión completa e con 54 prazas dispoñibles, cun prezo de 388 euros no caso de anotarse máis de 45 persoas e sendo necesario un mínimo de 40. No caso de estar entre 40 e 45, o prezo incrementaríase en 21 euros cada viaxe.
Será durante os días 4, 5, 6 e 7 do noveno mes do ano e dentro do itinerario plantéxase visitar cidades emblemáticas como Oviedo, Comillas, Santander, Santillana del Mar ou Xixón. Tanto as visitas guiadas, o autobús, o seguro de viaxe as comidas e noites de hotel están incluídas no prezo. Tamén as actividades que requiren entrada, como a visita á Neocova de Altamira e ao Museo da Inquisición.
A veciñanza interesada poderá apuntarse antes do 10 de xuño, data límite. Poderá facerse nas oficinas municipais e terá un custe de 388 euros por persoa (no caso de anotarse máis de 45 veciñas e veciños), existindo a posibilidade de pago en dous prazos. O primeiro, un garante de 70 euros e o resto quince días antes da data de saída.
Desde o goberno local apuntan a que “esta non é unha simple saída, senón unha actividade de ámbito social e de intercambio cultural, xa que as nosas veciñas e veciños visitarán importantes lugares da xeografía nacional, así como un dos museos máis importantes da historia da humanidade, o das covas de Altamira”.
Programa de viaxe
A previsión do itinerario é a seguinte: saída o 4 de setembro ás 8:00 horas con destino Oviedo. Chegada, encontro co guía oficial, visita e comida no restaurante. Posteriormente, saída cara Cantabria, chegada e distribución de habitacións. Tempo libre, cea e aloxamento.
O día 5 de setembro, almorzo, saída cara Santander, visita guiada, comida no restaurante, pola tarde saída en barco pola bahía de Santander, tempo libre, regreso ao hotel, cea e aloxamento.
O día 6 de setembro, almorzo e visita a Santillana del Mar cun guía oficial, entrada ao Museo da Inquisición, a Neocova de Altamira, comida, pola tarde visita libre por Comillas, regreso ao hotel, cea e aloxamento.
O día 7 de setembro, almorzo, saída cara Xixón, chegada e visita á cidade cun guía oficial, comida no restaurante, e saída cara a Paderne realizando varias paradas durante o camiño.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.