Wednesday 21 de May de 2025

Ribeira honrará as redeiras polo Día Internacional da Muller do Mar 


O día 18 de maio se celebrará o Día Internacional da Muller no sector marítimo. 

O rexedor, Luís Pérez xunto co concelleiro de Mar, Fernando Abraldes se trasladaron a Aguiño á nave das redeiras para presentar un acto solemne se vai celebrar o vindeiro 16 de maio na Sala Museo Municipal de Ribeira para honrar o traballo das redeiras. 

O concelleiro de Mar salientou que “no ano anterior se homenaxearon ás mariscadoras das tres confrarías e neste ano lles toca ás redeiras do concello que son nove e traballan nesta nave na que nos atopamos” o concelleiro engadiu que as nove redeiras traballan “para sete cerqueiros que se atopan agora mesmo na campaña do bocarte no Cantábrico, agora se atopan traballando no aparello da sardiña e do xurelo para cando veñan da campaña do bocarte”. 

Pérez Barral sinalou que, “dende o concello queremos promover esta homenaxe ás mulleres do mar que xa iniciou o ano pasado porque entendemos que a muller tamén ter que ter un papel visible neste sector que é fundamental para a economía de Ribeira”. O rexedor falou de “dar a visibilizar un sector feminizado que é do máis invisible da cadea mar-industria”. 

Barral para finalizar tendeulle a man á consellería do Mar, “para que poidan ter unha condicións dignas de traballo, unhas instalacións optimizadas…, e tamén a Portos de Galicia para que os redeiros de Ribeira se poidan trasladar antiga lonxa de Ribeira”.

Deja un comentario