
Albarón encheuse un ano máis de flores coa celebración dos maios de Neda, tradicional recuperada nos últimos anos na localidade. Alumnado e profesorado do CEIP San Isidro e do CEIP Maciñeira – unhas 275 persoas- protagonizaron esta xornada festiva, impulsada polo Concello. A rapazada dos dous coles públicos colaborou nas creacións florais montadas ao redor das árbores da feira e gozou xogando dunha mañá, na que ademais houbo tempo para degustar os habituais bolos preñados. Tamén os pequerrechos e pequerrechas da escola infantil municipal dedicaron este venres á celebración, deseñando entre todos un innovador maio.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.