Saturday 10 de May de 2025

Axenda do 9 ao 11 de maio de 2025


Venres 9 de maio de 2025

Actividade: Bodas de sangre
Lugar: Pazo da Cultura
Hora: 20:30

A compañía Teatro del Temple trae ao Pazo esta peza de teatro, baseada nun suceso real acaecido en Almería en 1928 e que comeza cunha voda á que a noiva non acudiu. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Sábado 10 de maio de 2025

Actividade: Unha noite no muíño…
Lugar: Biblioteca municipal
Hora: 11:00

Os nenos e nenas a partir de catro anos e as súas familias son os destinatarios desta proposta, convocada con motivo do Día das Letras galegas e coa temática centrada na figura das cantareiras, ás que se adica este 17 de maio. É preciso inscribirse previamente.

Actividade: Ecoagasallomarionetas
Lugar: Centro cívico social do Couto
Hora: 11:00

O programa municipal Guizo inclúe esta proposta, na que as nenas e nenos participantes crearán marionetas con materiais de refugallo. A asistencia require inscrición previa.

Actividade: Campionato mundial de hip hop coreográfico
Lugar: Pazo da Cultura
Hora: De 11:00 a 21:00

O Concello e o Club Baile Deportivo Narón organizan coas federacións mundial, española e galega este campionato. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo.

Actividade: Maios
Lugar: Centro cívico social de Piñeiros e Praza de Galicia (en caso de choiva as actividades trasladaranse ao pavillón polideportivo de Piñeiros)
Hora: De 11:00 ao remate da alfombra floral e pola tarde de 16:30 a 18:00.

O Concello e a Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros organizan os maios. Pola mañá realizarase na Praza de Galicia unha alfombra floral, proposta na que poden participar todas as persoas que o desexen. Pola tarde os maios concentraranse ás 16:30 horas en Piñeiros e sairán en comitiva cara á estrada de Castela para ir á praza de Galicia, onde haberá unha recepción, unha exposición de maios, actuación dos grupos do Padroado e unha mostra de arte floral.

Domingo 11 de maio de 2025

Actividade: Andaina Romaría da O
Hora: Dende as 9:30 (saída do bus); 10:00 horas (saída do Couto)

O Concello organiza esta andaina, enmarcada no programa Ponte en ruta con nós, no marco da celebración da Romaría da “O”, na parroquia de Pedroso. É precisa inscrición previa e os camiñantes irán dende o mosteiro do Couto ata Pedroso, onde a comisión de festas organizou un xantar popular.

Actividade: II fase da Liga provincial de ximnasia rítmica
Lugar: Pavillón polideportivo municipal da Gándara
Hora: A partir das 10:00 e ata as 20:00

O Concello e o Club Acordes Narón organizan esta competición, na que participarán unhas 500 deportistas de diferentes clubs da provincia.

Actividade: Campionato mundial de hip hop coreográfico
Lugar: Pazo da Cultura
Hora: 12:00 a 16:00

O Concello e o Club Baile Deportivo Narón organizan coas federacións mundial, española e galega este campionato. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo.

Actividade: Castelao, un corazón á intemperie
Lugar: Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros
Hora: 18:00

O Concello, a cargo de Fantoches Baj, colabora coa Secretaría Xeral da Lingua na organización desta convocatoria, dirixida a público infantil (a partir de 6 anos) e familiar. A entrada é de balde e a peza é unha proposta de narración oral, monicreques, música tradicional e teatro de máscaras para dar a coñecer a figura de Castelao.

Deja un comentario