
O concelleiro de deportes, Xabier Vidal, e a presidenta da Asociación, María José Carreira presentaron hoxe a IV edición da Andaina contra o cancro organizada pola Asociación Española contra o Cancro en Ribeira. A cita terá lugar o vindeiro 24 de maio; con saída e chegada ao Malecón de Ribeira ás 18.00 h cun percorrido de 5 Km.
O concelleiro de deportes animou á veciñanza a participar e agradeceu á Asociación polo “seu traballo constante na recadación de fondos para esta enfermidade”, o custo será de 5 euros para os adultos e 3 euros para nenos e nenas ata os 12 anos.
Carreira informou dos homenaxeados nesta cuarta edición, “que serán Álex Vidal e Juan Ramón Millares”, a presidenta puxo en valor o traballo destes deportistas.
O punto de venda será a sede da Asociación Española Contra o Cancro en Ribeira (Rúa Estatuto nº1) o luns, mércores e venres de 11:00 h a 13:00 h e os mércores pola tarde de 17:30 h a 19:30 h.
Tamén na web:
https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/ribeira-en-marcha-contra-o-cancr o-2025
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.