Friday 27 de June de 2025

Miño acollerá o 31 de maio a Feira Cabalar con diversas actividades e exhibicións


• A iniciativa organizada pola Sociedade Cabalar Miñense coa colaboración do Concello celebrarase desde as 09:00 horas do 31 de maio en Costa Miño Golf – Parque Tellería.

Miño acollerá o próximo 31 de maio a Feira Cabalar, unha iniciativa organizada pola Sociedade Cabalar Miñense coa colaboración do Concello. A xornada comezará ás 09:00 horas coas medicións dos cabalos de menos de 1,5 para dar paso aos diferentes certames que conforman o programa.
As competicións dividiranse nas seguintes categorías:
• Morfolóxico de eguas cruzadas
• Andaina chapeada (+1,5 e -1,5)
• Andaina serrada (+1,5 e -1,5)
• Trote
• Andaina sub-16
Entregaranse premios aos cinco mellores clasificados de cada categoría. Ademais das probas ecuestres, o evento contará cun mercado de produtos téxtiles, agrícolas e gastronómicos, paseos en pony, servizo de polbo e churrasco, e unha exhibición canina a cargo do grupo de traballo Layamajo.
Os xinetes que desexen participar deberán levar casco obrigatoriamente durante as probas. O prazo de inscrición estará aberto ata o 28 de maio.