
O Concello de Abegondo celebra mañá sábado, 10 de maio, o seu tradicional Encontro de Palilleiras e Multilabores, que alcanza este ano a súa novena edición. A cita terá lugar na leira Os Loureiros desde as 10.00 ata as 19.00 horas.
Durante a xornada poderase contemplar o traballo das palilleiras nos distintos postos. O evento reunirá a unhas 250 persoas dedicadas a estes oficios, procedentes de toda Galicia.
A presidenta da Asociación de Veciños de Abegondo, Mercedes Fariña, e o alcalde, José Antonio Santiso, animan á cidadanía para achegarse ata o encontro para descubrir “as obras de arte” das palilleiras. O acceso aos Loureiros é libre.
Durante a cita realizaranse sorteos de agasallos ás 12.00 e ás 17.30 horas. Ao longo do día poderase degustar café e biscoito, así como produtos da Reserva de Biosfera.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.