
• A actividade ía desenvolver este mércores 16 de abril ao aire libre.
O Concello de Cariño viuse obrigado a pospoñer a xornada de iniciación á calistenia, prevista inicialmente para este mércores, 16 de abril, debido ás condicións meteorolóxicas adversas.
A actividade, que formaba parte da programación especial municipal pola Semana Santa, ía celebrarse ao aire libre no Parque de Calistenia do Paseo Marítimo de Cariño. Estaba programada en dúas quendas, un de mañá e outro de tarde, todo co obxectivo de achegar esta disciplina deportiva a persoas de todas as idades.
O Concello de Cariño anunciará proximamente unha nova data para a celebración desta xornada, mantendo ambas as quendas e o seu carácter gratuíto.