A área de influencia destas axudas inclúe na súa totalidade as parroquias de Montaos, Poulo, Pereira, Ardemil, Leira e Buscás. Terá lugar o vindeiro 16 de marzo na casa da cultura ás 20 horas
A casa da cultura de Ordes acollerá ás 20 horas deste vindeiro mércores, 16 de marzo, unha charla informativa sobre as subvencións para a rehabilitación de vivendas en edificios no ámbito da área de rehabilitación integral (ARI) dos Camiños de Santiago. No caso do concello de Ordes as zonas de actuación incluídas son, na súa totalidade, as das parroquias de Ardemil, Buscás, Leira, Montaos, Pereira e Poulo.
O obxectivo desta convocatoria, levada a cabo pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, é poder explicarlles ás persoas interesadas todos os aspectos relacionados coa orde que atinxe a este tipo de axudas (22 de decembro de 2015). Esta foi publicada o 28 de decembro de 2015 no número 246 do Diario Oficial de Galicia.