
O parque provincial de Santa Comba recibiu un aviso ás 01:27 h da pasada madrugada por un posible incendio na fachada dun edificio na rúa Víctor García Ferreiro, no Concello de Negreira.
Unha vez no punto, ás 01:47 h, o persoal do parque comprobou que o lume afectaba o cableado situado baixo os soportais do edificio. A zona atopábase en obras e contaba cunha estada con elevadores.
A intervención consistiu na aplicación de auga desde unha distancia segura mediante chorros intermitentes, coa finalidade de comprobar que non houbera tensión eléctrica. Durante a última refrixeración produciuse unha descarga eléctrica ao aplicar auga sobre a zona afectada, confirmando a presenza de tensión nun cable danado, polo que se solicitou a intervención da compañía subministradora.
Deuse por finalizada a intervención ás 02:15 h. Completou o servizo Garda Civil de Santa Comba e o GES de Brión.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.