
· O alumnado foi recibido polo alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira de Ensino, María Amparo Cerecedo, no salón de plenos da Casa Consistorial
O IES da Pobra do Caramiñal continúa reforzando os seus vínculos con Portugal cunha nova edición do proxecto Erasmus+. Esta semana están a gozar do municipio estudantes procedentes do Agrupamento de Escolas Dr. Ginestal Machado, de Santarém.
O alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira de Ensino, María Amparo Cerecedo, recibiron no salón de plenos da Casa Consistorial ás 18 persoas involucradas na iniciativa: sete alumnos e alumnas portugueses e sete pobrenses e catro profesores, dous de cada país.
O rexedor fíxolle entrega dun pequeno obsequio con algúns elementos de interese turístico e animounos a “descubrir a beleza que caracteriza ao noso concello e gozar da nosa cultura, patrimonio e gastronomía”. Pola súa parte, a edil destacou que este tipo de experiencias “son moi enriquecedoras, tanto a nivel académico como persoal”.
Durante a súa estancia na Pobra o alumnado está a coñecer os diferentes recunchos característicos da vila. Ademais de visitar estes lugares, tamén participan en actividades educativas conxuntas co alumnado local, fomentando así a convivencia e o intercambio lingüístico.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.