Friday 09 de May de 2025

Curso de manexo de móbiles para persoas maiores de 65 anos en Montrove


Aínda quedan prazas dispoñibles para apuntarse ao curso de manexo de móbiles que terá lugar desde o próximo día 20 de maio na casa do pobo de Montrove. As persoas interesadas poden apuntarse chamando ao 981 610 000, en horario de 16.00 a 19.00 horas.

O curso será de nivel medio e consta dun total de 30 horas. As clases serán os martes, mércores e xoves de 10:00 a 12:30 horas.

O Concello organiza ao longo de todo o ano cursos deste tipo en todas as localidades para ensinar de forma práctica, amena e guiada a utilizar e aproveitar as posibilidades que ofrecen os smartphones, proporcionando benestar persoal, ocupando o tempo de lecer e a súa relación co entorno. Despois do verán haberá novos cursos noutros centros públicos.

Para calquera aclaración ou consulta, as persoas interesadas poden poñerse en contacto con Servizos Sociais e Igualdade.

Deja un comentario