
Hoxe presentouse esta carreira que chega á súa vixésima edición na que este ano o homenaxeado será Juan Antonio Argibay Pérez, unha persoa vinculada ao atletismo ribeirense.
Á presentación acudiron, o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o presidente da Asociación de Veciños de Carreira, Moncho Sampedro xunto con varios veciños da propia asociación.
A Asociación de Veciños de Carreira en colaboración co Concello de Ribeira, organizan esta edición da Carreira Popular Virxe da Guía, o sábado, 17 de Maio coincidindo co Día das Letras Galegas, na parroquia de Carreira.
Vidal informou aos presentes que “vai a ser unha carreira que vai a contar con doce categorías dende a categoría pitufo até máis de 65 anos”. O concelleiro puxo en valor o traballo que realiza en diferentes ámbitos a Asociación de Veciños de Carreira, “tanto na dinamización da parroquia como en diferentes actividades tanto culturais como deportivas, e nesta última toda a axuda que nos prestan ao departamento de deportes durante todo o ano na organización das diferentes actividades”. Para rematar Xabier animou a veciñanza a participar na carreira popular.
Por outra banda Moncho Sampedro tirou da historia da propia carreira no seu vixésimo aniversario afirmando que “como a asociación collíamos o relevo dun grupo de xente de Carreira e Aguiño capitaneado por Abraham Benitez que comezaron a organizala fai máis de 20 anos”. É unha proba de seis quilómetros e medio que sae de Carreira pola Graña, transcorre pola zona da Cerca e volve para Carreira pola estrada paralela á xeral.
Mestura de carreiras con cantareiras.
Ao coincidir co 17 de maio que este ano está adicado á tradición oral e ás cantareiras, a agrupación de Veciños de Carreira se lle ocorreu para a ocasión mesturar as dúas cousas onde participaran As Cantareiras de Carreira amenizando a xornada.
A inscricións estarán abertas até o vindeiro xoves 15 de maio na páxina de https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/xx-carreira-popular-virxe-da-guia -2025/, ten un prezo de inscrición para os corredores adultos de 7,00 € e de balde para o resto. Sampedro anunciou que o mesmo día da proba non se admitirán novas inscricións.
Haberá unha paella de gran formato para os 200 participantes que se repartirá tanto aos corredores como ao público en xeral.
Data: Sábado, 17 de Maio do 2025.
Día das Letras Galegas
Hora: 10.30 horas
Lugar: San Paio de Carreira (Ribeira).
Distancias: 6,6 km
Organiza: Asociación de Veciños de Carreira
Colabora: Concello de Riveira.
Cronometraxe: www.galitiming.com
Inscrición: Límite 200 corredores.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.