Wednesday 07 de May de 2025

Últimas horas para inscribirse na Carreira pola Diversidade


Hoxe martes días 6 de maio ás 23:59h péchanse as inscrición da Carreira pola Diversidade organizada pola Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional. A inscrición pode realizarse dende a páxina de Cronotec tanto na Categoría Absoluta, na Andaina ou nas categorías infantís.
A Carreira terá lugar este domingo 11 de maio, ás 10:00h na explanada de Coroso, Ribeira. Unha vez saia a Proba Absoluta sairá a Andaina. As probas infantís comezarán unha vez remate a Proba Absoluta. A inscrición nas categorías infantís pode facerse de maneira gratuíta.
Visibilidade e deporte inclusivo
A Carreira da Diversidade naceu no 2015. A proba supuxo todo un avance na comarca ó tratarse dunha competición inclusiva que incluía as modalidades hand bike e cadeira de atletismo, excluídas na maioría das probas de Galicia.
Mila López Vernet, Álvaro Illobre, Álex Ferradás e José Manuel de la Iglesia, deportistas paralímpicos, son asiduos á competición dende os seus inicios.
Dorsal 0
Para aquelas persoas que non poidan participar nalgunha das probas deportivas, está aberta en cronotec.es a posibilidade de colaborar co “Dorsal 0” unha cota solidaria sen límite. A recadación obtida será destinada á organizar saídas e respiros familiares dentro da área de ocio, para que as persoas usuarias sigan desfrutando destas actividades á vez que se ofrece unha posibilidade de conciliación para as familias.

Deja un comentario