
O pasado 13 de abril, o Concello de Ribeira vén de completar as obras de pavimentación e renovación do saneamento na rúa do Colexio de Corrubedo cun investimento de 67.000 euros, dentro dun plan máis amplo de mellora de servizos básicos nas parroquias do municipio. A esta intervención sumarase a renovación do saneamento e das pluviais na rúa Canaval, cun orzamento de 45.000 euros que acaba de ser adxudicada.
Segundo o alcalde, Luís Pérez, estas actuacións súmanse a outras feitas nos últimos meses como as beirarrúas no entorno do Faro de Corrubedo co obxectivo de garantir a accesibilidade peonil e a seguridade viaria, a renovación do saneamento na rúa Buenos Aires, a pavimentación e mellora da rede de pluviais na rúa dos Pozos, pistas de tenis de Saamil, entre outras. “Estamos a falar de máis de 412.000 euros que se destinan a mellorar os servizos básicos, como o saneamento, a seguridade viaria e accesibilidade ou as infraestruturas deportivas. Este goberno local está comprometido con dar resposta ás necesidades reais das parroquias e imos continuar nesta liña”.
A rúa Canaval, presenta actualmente un pavimento de baldosa nas beirarrúas e un pavimento de formigón na calzada, ambos moi deteriorados; os servizos de saneamento e pluviais, son deficitarios, porque discorren ambos pola mesma tubaxe de formigón –non existe separativo– e estráganse con frecuencia, coas obras do presente proxecto preténdese a súa renovación e mellora.
O obxectivo que se persegue con este proxecto, é o de dotar dun novo pavimento de formigón, á rúa Canaval, intercalando franxas transversais de lastra de pedra. Paralelamente, renovaranse a redes de saneamento e pluviais. Para iso, as obras que se prevé realizar será a instalación dunha tubaxe para condución de augas fecais de PVC con pozos de rexistro, así como a renovación das acometidas domiciliarias e a conexión da nova rede á rede existente.
Con respecto á rede de pluviais instalarase unha tubaxe para condución de augas pluviais –de PVC corrugada–, pozos de rexistro e arquetas sumidoiro, xunto coa renovación das acometidas domiciliarias e o entroncamento coas redes existente.
En canto á pavimentación e o acondicionamento da superficie, previo á aplicación dos pavimentos, dotarase dunha aplicación de subbase de saburra artificial, o propio pavimento será continuo de formigón puído en cor e intercalado sobre o mesmo con pezas de lastra de granito de 20x10x8 cm.
A adxudicación outorgouse á empresa Excavaciones Nima S.L. por un importe de 37.697,04 euros no marco do POS + 2024 e con un prazo de execución de tres meses.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.