
A Asociación Seitura 22 organiza este venres, co apoio do Concello de Neda, unha charla informativa sobre as axudas do programa Leader, financiado con fondos europeos. A iniciativa, que terá lugar a partir das 19 horas, na Casa das palmeiras, busca dar a coñecer entre os posibles beneficiarios da convocatoria as liñas xerais destas subvencións para o desenvolvemento rural que xestiona na zona a entidade.
Persoas física, empresas, entidades públicas, e entidades privadas sen ánimo de lucro poden beneficiarse destas axudas, destinadas a facilitar a posta en marcha proxectos produtivos ou non produtivos, que contribúan a mellorar as condicións de vida no medio rural. Iniciativas para crear ou manter o emprego, para favorecer a sostibilidade, para diversificar a economía rural, ademais das actividades agrarias, forestais ou gandeiras, ou para ampliar os servizos á veciñanza poden optar á convocatoria.
Persoal técnico do Grupo de Desenvolvemento Rural Asociación Seitura 22, da que é socio o Concello de Neda, estarán na vila para informar polo miúdo das posibilidades que ofrece a liña de subvención, que se pode solicitar ata o 30 de maio. Explicarase o procedemento de solicitude, detallaranse as iniciativas que se consideran prioritarias, as porcentaxes de axuda…
A charla do 9 de maio, aberta ao conxunto da veciñanza, é cita obrigada para calquera que teña en mente impulsar un proxecto na localidade.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.