Tuesday 06 de May de 2025

O Concello de Ribeira mellora o firme do aparcadoiro de Deán 


O Concello de Ribeira vén de levar a cabo obras de mellora no firme do aparcadoiro situado na zona de Deán, un espazo que fora habilitado hai uns meses como área de estacionamento para dar resposta ás necesidades da veciñanza. 

Despois das chuvias rexistradas neste inverno, o goberno local considerou necesaria unha actuación para mellorar o estado do pavimento e garantir unha maior comodidade para os usuarios e usuarias deste servizo. O espazo é empregado tanto pola veciñanza do entorno como polas persoas que se achegan ata os Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller (CIM), ambos situados nas proximidades. 

O concelleiro de Obras, Xabier Vidal, destacou que “este aparcadoiro xa estaba a ser utilizado por moitas persoas, pero era necesario intervir para asegurar un acceso axeitado en calquera condición meteorolóxica. Con esta mellora seguimos mellorando os espazos públicos e garantimos espazos para a mobilidade da veciñanza” sinalou. Vidal engadiu que “a actuación responde tamén a unha demanda da veciñanza da zona, que levaba tempo solicitando máis prazas de estacionamento, especialmente polas mañás tendo en conta a proximidade dos servizos municipais.”

Deja un comentario