
O parque provincial de Arteixo interveu na tarde de onte nun incendio declarado nun piso na Avenida de Caión, no Concello de Arteixo. O lume se iniciou nun armario e non houbo danos persoais. Os bombeiros extinguiron o incendio, que quedou totalmente sufocado.
Debido á afectación do fume a toda a vivenda, os ocupantes non puideron pasar a noite na mesma, non sendo preciso o realoxamento xa que contaban con outra propiedade. Completou o servizo Policía Local de Arteixo.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.