
A piscina do INEF, en Bastiagueiro, acolle o vindeiro sábado 10 de maio o X Trofeo Concello de Oleiros de Natación Artística. A competición desenvolverase en xornada de tarde, a partir das 16:00, e está prevista a participación de 297 nadadoras de 7 clubs de toda Galicia.
As categorías nas que se disputará o trofeo serán prebenxamín, benxamín, prealevín, infantil e junior.
O Club Acuátic Oleiros, con 120 nadadoras, exercerá como anfitrión dunha proba coa que o Concello de Oleiros pretende promocionar e fomentar esta especialidade deportiva.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.