Tuesday 06 de May de 2025

Accidente por alcance no Concello de Boiro


O parque provincial de Boiro recibiu un aviso do 112 ás 14:12 h por un accidente de tráfico por alcance na Rúa Principal do Concello de Boiro.

Ao chegar ao lugar, os bombeiros comprobaron que as tres persoas que resultaron feridas leves xa se atopaban atendidas polo persoal da ambulancia do 061 e foron trasladadas ao hospital do Barbanza. Os bombeiros procederon á limpeza da estrada.

Completou a intervención o 061, Protección Civil e Policía Local de Boiro.

Deja un comentario