Tuesday 06 de May de 2025

A mesa sobre a convivencia entre ocio nocturno e veciños acorda a constitución dunha mesa técnica para estudiar a modificación da normativa actual


Acórdase a posta en marcha dunha campaña de sensibilización para favorecer o descanso dos veciños e veciñas

A alcaldesa presidiu a segunda reunión da mesa de traballo que ten como obxectivo compatibilizar o ocio nocturno co descanso dos veciños

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde a segunda reunión da mesa de traballo co sector hostaleiro e entidades veciñais coa finalidade de buscar puntos de encontro entre o sector e os veciños co obxectivo de mellorar a convivencia.

Tal e como se acordara na primeira reunión, o Concello presentou a proposta de campaña de sensibilización que se porá en marcha na cidade para incrementar a concienciación cidadá sobre o dereito ao descanso dos veciños e veciñas, xa que no que vai de ano se recibiron na Policía Local 230 chamadas relativas a ruidos xerados por locais de hostalería ou no seu entorno.
Pola súa banda, os hostaleiros e veciños presentaron as propostas que serán estudiadas polo Goberno municipal nas vindeiras semanas co obxectivo de avaliar a súa idoneidade e viabilidade.
Neste sentido acordouse a constitución dunha mesa técnica para estudar a modificación da actual normativa.
A alcaldesa destacou o bo clima no que se están a celebrar as reunións e a vontade de todas as partes de achegar posturas nun asunto que preocupa tanto a veciños como a hostaleiros.

A rexedora estivo acompañada por parte do seu equipo de goberno, incluíndo a Yoya Neira (Medio Ambiente e Distrito 1), Gonzalo Castro (Cultura e Turismo), Francisco Díaz Gallego (Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda), Diana Cabanas (Emprego, Comercio e Mercados) e Montserrat Paz (Seguridade Cidadá) así como os directores de área dos diferentes departamentos.

xuntanza, celebrada no Palacio Municipal de María Pita, contou coa presenza de diferentes colectivos veciñais: Federación de Asociacións de Veciños da Coruña, Agrupación de Veciños Orzán-Pescaría, Asociación de Veciños da Cidade Vella, Asociación de Veciños A Marina – Zona Centro. Ademais, representando ao sector hostaleiro, asistiron a Asociación de Empresarios de Hostalería, Asociación en Defensa dos Dereitos da Hostalería e o Ocio Nocturno e Galicia de Noite. Tamén foron invitadas persoas responsables de diferentes locais de hostalería das zonas con maior actividade da cidade.

Deja un comentario