
A representante do Goberno autonómico destacou o éxito dun dos ciclos que se imparten neste centro como é o Grao Medio en Guía no Medio Natural e de Tempo Libre (TEGU) que ten unha duración de 2.000 horas lectivas con 14 módulos profesionais
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo alcalde Porto do Son, Luis Oujo e polo director territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Indalecio Cabana, visitaron o IES Porto do Son. Na visita comprobaron a satisfacción dos alumnos do ciclo que se imparte neste centro como é o Grao Medio en Guía no Medio Natural e de Tempo Libre (TEGU) que ten unha duración de 2.000 horas lectivas con 14 módulos profesionais . A representante do Goberno autonómico destacou que a formación tan completa deste ciclo abre a posibilidade de traballar e facer prácticas no Parque Nacional en Sálvora, e nos Parques Naturais da provincia de Corrubedo e Fragas do Eume. Os representantes do centro educativo tamén lle trasladaron a súa proposta de contar cun ciclo superior.
As principais motivacións profesionais dos que cursan esta formación son exercer como profesionais de actividades de lecer e tempo Libre. Algunhas das actividades máis relacionadas con TEGU son traballar en empresas do sector turístico e realizar labores de guía en actividades de sendeirismo, roteiros de baixa e media montaña, travesías, roteiros con neve, barrancos, espeleología, bicicleta e turismo ecuestre. Tamén poden exercer como socorristas en diferentes ámbitos.
Belen do Campo exaltou a dinámica alcista dos datos de inserción laboral das persoas tituladas da FP en Galicia, que confirman estes ensinos como “unha opción educativa de calidade, de éxito e de futuro para a mocidade galega”. A representante do Goberno autonómico lembrou que existen na comunidade 150 centros que imparten Formación Profesional, dos cales 93 están na provincia da Coruña e 11 na comarca do Barbanza, en Porto do Son, Ribeira (3), Pobra (2), Noia (2), Boiro, Rianxo e Muros.
Belén do Campo reivindicou o modelo de éxito da FP galega como un exemplo a nivel nacional, salientando os datos de inserción laboral do alumnado (próxima ao 85%, e de practicamente o 100% no caso da FP Dual), o aumento da matrícula (case 96.000 alumnos de FP este curso 2024/2025 en Galicia, 7% máis que o ano anterior) e a colaboración co tecido empresarial (preto de 1.800 entidades).
A representante do Goberno galego insistiu na necesidade de seguir ampliando a oferta académica, mellorando a dotación dos centros e activando programas que se axusten ás novas necesidades do tecido produtivo como é o caso do ciclo formativo deste Instituto un dos que ten máis demanda.
A representante do Goberno autonómico puxo tamén este centro como un exemplo a seguir no seu traballo no eido da atención á diversidade e da inclusión con actividades ao longo de todo o ano. Na visita. Belén do Campo comprobou tamén a necesidade de levar a cabo a reforma do pavillón exterior deteriorado, este ano, polas inclemencias metereolóxicas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.