Tuesday 06 de May de 2025

A Gala de Ximnasia Rítmica do Concello de Frades reúne a máis dun centro de nenas


O polideportivo municipal de Ponte Carreira acolleu onte domingo a Gala de Ximnasia Rítmica do Concello de Frades, na que tomaron parte máis dun cento de nenas procedentes de seis escolas deportivas da contorna. Unha xornada de carácter lúdica e non competitiva na que as nenas puideron amosar os coñecementos adquiridos ao longo deste curso.

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o concelleiro de Deportes, Juan Carlos Portos Bra, foron os encargados de entregar cadansúa medalla a todas as ximnastas participantes, así como unhas lambonadas. Os seis equipos participantes foron: Ximnasia Rítmica Frades, Ximnasia Rítmica Mesía, Ximnasia Rítmica Carral, Ximnasia Rítmica Mórrigan Brexo Lema (Cambre), Ximnasia Rítmica Mórrigan Vilaboa (Culleredo) e Ximnasia Rítmica Mórrigan Betanzos.

Deja un comentario