Conseso total para que as empresas de telefonía e enerxía non paralicen obras públicas
A Deputación da Coruña reclamará ao Goberno do Estado e ao Goberno da Xunta de Galicia que realicen todos os cambios normativos e legais necesarios para impedir que ningunha empresa privada de enerxía ou telecomunicacións paralice obras públicas por intereses privados ou de forma arbitraria. Así o aprobaron por unamidade PP, PSOE e BNG a proposta de Alternativa dos Veciños.
A moción de Alternativa solicitaba que se lexisle tanto desde a Xunta de Galicia como desde o Estado español para axilizar a realización das obras públicas de concellos e deputacións e non permitir que ningunha empresa privada antepoña os seus intereses aos do interese xeral.
A privatización de servizos públicos básicos como a telefonía ou a electricidade non só a sofren concellos e deputacións. Cidadáns particulares e empresas tamén padecen atrancos e trabas de toda índole cando realizan obras nas que necesitan da participación dalgunha destas compañías, coas que ademais comunicarse é practicamente imposible.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.