Friday 20 de June de 2025

O pleno da Deputación aproba a moción de Alternativa para reclamar ao Estado a ampliación da ponte Pasaxe


Todos os grupos políticos están de acordo na urxente necesidade de que o Goberno central acometa esta obra

A Deputación da Coruña reclamará ao Goberno central a contratación das obras de ampliación da ponte Pasaxe para mellorar a mobilidade no conxunto da comarca da Coruña. Así o aprobaron por unamidade PP, PSOE e BNG a proposta de Alternativa dos Veciños.

A moción de Alternativa solicitaba que se incluíse nos próximos orzamentos do Estado os fondos necesarios para contratación das obras ou que se incrementen as partidas plurianuais contempladas nos orzamentos do 2023.

“Ampliar é a única solución para eliminar un tapón permanente para os desprazamentos na comarca da Coruña. O proxecto, que está aprobado definitivamente, contempla espazos peonís, ciclistas, así como posibilidade de establecer carrís reservados para o transporte público. Por tanto, suporía unha mellora importantístima para o tráfico que ten que abordar o Goberno central”, dixo o deputado de Alternativa Ángel García Seoane.