Monday 05 de May de 2025

A Pobra reunirá aos amantes da condución sobre dúas rodas na XI Concentración Moteira Sinfrenos


A cita terá lugar o sábado, 17 de maio, e o domingo, día 18, na contorna do Paseo do Areal.

A Pobra converterase nun auténtico paraíso para os amantes da condución sobre dúas rodas. Todo grazas á XI Concentración Moteira Sinfrenos, organizada polo Motoclub Sinfrenos en colaboración co Concello. A presentación da nova edición tivo lugar esta mañá na contorna onde se celebrará o evento, e correu a cargo do concelleiro de Deportes, Eloy Sobrido, da presidenta do Motoclub Sinfrenos, Sonia Villar Maceiras, e do vicepresidente e a secretaria da entidade, Pedro Echevarrieta e Susana Riveiro. A cita moteira terá lugar o sábado, 17 de maio, e o domingo, día 18, coa previsión de reunir a centos de afeccionados ao ciclomotor na contorna do Paseo do Areal.

O prazo para que as persoas interesadas en participar na concentración poidan anotarse comezará o sábado, ás 16.00 horas. O prezo completo da inscrición será de 40 euros e de 20 euros incluíndo só xantar e cea. Así mesmo, haberá a posibilidade de anotarse de xeito anticipado a través dos teléfonos 636 501 322 e do 619 620 059.

O sábado, a actividade arrincará ás 17.30 horas, momento no que se realizará unha ruta con pinchada ata o porto de Aguiño. Ás 19.30 horas está prevista a realización de dúas exhibicións, unha de stunt rider e outra de 89 corredoira, onde se amosarán algúns trucos e acrobacias enriba das motos, e ás 20.45 horas darán inicio aos xogos. O peche da actividade estará amenizado polas sesións de música dos DJs de Planet Disco Móvil, Ole Costa, Manux e Tito Maverick.

A concentración continuará o domingo, ás 9.00 horas, co almorzo. A primeira ruta desenvolverase ás 11.30 horas e incluirá un percorrido por varios concellos da contorna. Tras o xantar, ás 14.30 horas, terá lugar o sorteo de agasallos e a entrega de premios ás 15.30 horas.

Deja un comentario