Monday 05 de May de 2025

Alternativa brinda a súa colaboración desde fóra do Goberno para desbloquear o Concello de Cambre


Alternativa dos Veciños participará na Xunta de Goberno local se así o estima a alcaldesa de Cambre tras a reunión celebrada cos dous concelleiros de Alternativa.

Alternativa dos Veciños non formará parte do Goberno aínda que apoiará todas aquelas iniciativas que se encamiñen a sacar ao Concello de Cambre da gravísima situación na que se encontra.

Débese pagar canto antes ás empresas as que, por supostas irregularidades do anterior goberno, están pendentes de cobro. Ademais débense saldar as débedas orixinadas con diversas entidades cidadás que tamén se encontran pendentes de percibir subvencións. Non se pode seguir paralizando o Concello porque as consecuencias sófrenas, de primeira man, os veciños e veciñas.

Alternativa dos Veciños mantivo sempre unha postura moi crítica coas políticas que se estaban a desenvolver no municipio de Cambre polo goberno do bipartito (UxC e PSOE) e tripartito (UxC, PSOE e BNG) e que levaron ao municipio a unha grave situación a respecto da contratación de obras e servizos públicos básicos, así como unha pésima xestión económica en xeral que provocou unha paralización administrativa total cunha gravísima repercusión para a veciñanza de Cambre.

Neste sentido e chegados a este punto de paralización da administración municipal, Alternativa dos Veciños manterá sempre unha postura proactiva para reiniciar a vida municipal apoiando as medidas necesarias para que Cambre volve a ser un concello do que sentirnos orgullosas e orgullosos.

Deja un comentario