
O sábado 10 de maio ás 20:30 horas o Auditorio da Fábrica (Perillo) acollerá o concerto de Las Nietas de Charli, enmarcado no festivas Elas Son Artistas, 8º Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade.
O Ciclo Metropolitano pola Igualdade na Música e nas Artes Elas Son Artistas chega ao Concello de Oleiros reivindicando ás mulleres creadoras como protagonistas en concertos que deixan grandes sensacións ano tras ano.
O dúo madrileño Las Nietas del Charli serán as protagonistas o sábado 10 de maio no Auditorio da Fábrica. Las Nietas del Charli son as irmás madriñeñas María e Raquel Rubio. O seu último lanzamento é Un hogar, unha emotiva canción que da voz a unha iniciativa enfocada na recuperación da memoria, a resistencia ao modelo neoliberal e o fortalecemento dos lazos comunitarios.
O lanzamento chega nun momento clave para o dúo que están consolidando a súa presenza na escena do folk alternativo tras a publicación do seu EP debut Faro. Ao longo do último ano teñen percorrido o país cunha xira que na que colgaron o cartel de «entradas esgotadas» en numerosas cidades.
As entradas para o concerto (4,00€) poderanse adquirir a través da web www.giglon.com ou unha hora antes do espectáculo na billeiteira do auditorio.
https://www.giglon.com/todos?idEvent=festival-elas-son-artistas-las-nietas-del-charli-perillo