Monday 05 de May de 2025

Paderne aturuxará este 17 de maio para conmemorar o Día das Letras Galegas


 Desta volta, a homenaxe será á figura das cantareiras, gardiás da nosa tradición oral e musical.

 O Concello anunciará ao gañador ou gañadora do II Certame de Relatos e repartirá o libro resultante das narracións presentadas

Paderne celebrará o vindeiro sábado 17 de maio o Día das Letras Galegas cun acto na Praza do Campo da Escola de Insua a partir das 12:00 horas. Nesta edición, a figura central será a das cantareiras, mulleres que foron gardiás da nosa tradición oral e musical, e que recibirán un recoñecemento especial.

A celebración comezará cunha actuación do grupo de música da UNED Sénior, que enriquecerán a proposta artística cunha fusión de música e danza. Seguidamente, será o turno do monólogo de Avelino González, recoñecido actor galego cunha ampla traxectoria en teatro, cine e televisión.

Un dos momentos máis agardados do acto será a entrega de premios ao gañador ou gañadora do II Certame de Relato Curto do Concello de Paderne, cuxo nome se dará a coñecer durante o evento. Así mesmo, presentarase o libro recopilatorio cos textos participantes nesta edición, que será repartido entre a veciñanza.

Ao finalizar a programación, ofreceranse petiscos para todas as persoas asistentes como peche de ouro a unha mañá de celebración cultural.

Deja un comentario