
A concentración desta mañá en Santa Cristina, así como outras actuacións paralelas realizadas polo Goberno municipal, deron os seus froitos. Naturgy comprometeuse co Concello a abordar de inmediato as actuacións pendentes na avenida de Santa Cristina que impiden finalizar a obra.
Para programar os traballos de retirada de postes e instalación de arquetas, celebrarase unha reunión o vindeiro luns para iniciar esas actuacións o antes posible. Desta maneira, o Concello agarda que a obra poida estar rematada antes do verán, tal e como se pretendía.