Este mediodía quedou inaugurada na Galería do Concello de San Sadurniño a exposición “Dime, que ves?” con obras de Laura Cartamil e Maricarmen Sendón. Unha colección de clara inspiración natural onde os estampados sobre papel e tea dialogan coas cerámicas que representan faros e cantís azoutados pola forza do vento e o mar. Para acompañar a apertura, a poeta ferrolá Amelia de Querol Orozco recitou algunhas das súas pezas.
A concelleira de Participación e Axenda 2030, Raquel Piñeiro López, destacou o rechamante da mostra plástica e, principalmente, que sexa resultado do traballo “de mulleres que tecen rede a través da cultura en toda a comarca”.
A mostra poderá visitarse ata o 30 maio nos horarios de apertura das dependencias municipais, de luns a venres de 8:30 a 15:00h.
Fotos: César Galdo. Enviamos tamén unha pequena conversa que mantivemos coas artista onte venres durante a montaxe da exposición.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.